domingo. 21.07.2019 |
El tiempo
domingo. 21.07.2019
El tiempo

"Non pode haber relaxación, pero a xente saberá valorar o feito"

José López. PATRICIA FIGUEIRAS
José López. PATRICIA FIGUEIRAS

José López Campos é alcalde da Estrada e candidato do PP

Logo de oito anos de maioría absoluta, e dos últimos catro con importantes, pero tamén polémicos, proxectos executados, cal é o seu principal aval nas urnas?
Benvidas sexan as polémicas cando veñen motivadas porque se fan moitas cousas e non por estar paralizados. Este mandato foi o de comezar a recoller os froitos do traballo realizado xa nos catro anos anteriores e penso que o noso principal valor foi estar catro anos a carón dos veciños. Nós non somos políticos Guadiana, que desaparecen e aparecen cando faltan tres meses para as eleccións. Esto é como se nun maratón uns levamos correndo 40 quilómetros e cando faltan dous aparecen corredores que veñen da casa e que queren disputar a vitoria da carreira. A xente non é parva.

A baixada de votantes do PP nas nacionais do 28A fíxolles replantexarse a estratexia de cara as municipais?
Obviamente os resultados non foron os que quixeramos, pero xunto con Lalín fomos dos concellos de primeira categoría que mellores resultados quitamos. Non pode haber relaxación, pero se somos capaces de poñer en valor todo o feito e todo o que estamos a facer, os estradenses saberán valoralo.

A Alameda foi a iniciativa estrela deste mandato. Cal será a do próximo, se manteñen o Goberno?
A Alameda é do que máis se está a falar, pero non é menos importante o novo Centro de Saúde, que practicamente xa é unha realidade, ou a segunda escola infantil, ou o Centro de Día... por sorte temos bastantes proxectos estrela. En canto ao futuro, hai dous que son irrenunciables: a ampliación do polígono de Toedo e a prolongación da autovía desde Santiago.

Vostede pensou moito se volver presentarse. Serán os seus últimos comicios como alcaldable?
Catro anos son moi longos e aínda que a política é unha parte fundamental da miña vida, porque gústame contribuír a mellorar o meu pobo, para min non é o máis importante. Están a familia e as amizades e as circunstancias persoais que sempre inflúen. Serei sempre honesto cos estradenses e se nalgún momento, polos motivos que sexa, non teño ilusión para loitar por A Estrada, asegúrolle que non fará falla que me boten, ireime eu só.

"Non pode haber relaxación, pero a xente saberá valorar o feito"
Comentarios