miércoles. 27.01.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.01.2021
El tiempo

A parroquia de Setecoros, en Valga, convértese no epicentro da compostaxe

Entrega dos composteiros en Valgas. CEDIDA
Entrega dos composteiros en Valgas. CEDIDA
Durante a terceira xornada de entrega de composteiros chegaron a suministrarse preto de medio centenar de recipientes

A parroquia de Setecoros en Valga está a ser o epicentro do reparto de composteiros individuais do Plan Revitaliza da Deputación neste inicio de ano. O martes realizouse a terceira xornada de entrega de composteiros no teleclube, chegando a subministrar preto de medio cento de recipientes. Segundo asegura o persoal técnico da Deputación e do Concello a veciñanza está a responder moi ben á chamada a pesares de que o tempo non acompaña.

O martes, ao igual que xa se fixo en decembro nas parroquias de Cordeiro e Campaña, realizáronse tres reunións por día para realizar a formación sobre compostaxe. Fíxose con poucos veciños e veciñas por quenda para así cumprir coas indicacións de prevención sanitaria anticovid e que os encontros fosen máis áxiles e eficaces á hora de comunicarse coas persoas asistentes.

Ademais de entregar o composteiro, o persoal do Revitaliza entregou tamén remexedores, termómetros e manuais de uso ás familias da zona, ás que se puxo a disposición no caso de que xurda calquera dúbida sobre a compostaxe.

A vindeira reunión na parroquia será hoxe para despois pasar a repartir gratuitamente os composteiros entre a veciñanza da parroquia de Valga, que conta con 339 casas. Nestes momentos xa se levan repartidos máis de medio milleiro de composteiros en todo o Concello e agárdase que a finais de mes se chegue aos 700, para cumprir o obxectivo final dos 1.300 en todo o municipio no menor prazo posible.

O pasado mes de decembro, a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia otorgou unha subvención ao Concello de Valga por valor de 59.800 euros en materia de compostaxe.

A parroquia de Setecoros, en Valga, convértese no epicentro da...
Comentarios