
Según as denuncias, as principais problemas estanse a producir nas liñas Lugo-Vigo por Vilatuxe, que pasa por Soutelo de Montes e Cachafeiro, e Lugo-Vigo ou Lalín-Vigo por Silleda, que se desvía tamén ata Forcarei. As queixas apuntan a que dende hai algunhas semanas os vehículos da compañía Monbus están saltándose paradas reguladas tanto en Soutelo de Montes como en Forcarei, deixando literalmente "tirados" a usuarias e usuarios.
Os incumprimentos chegan a tal punto que nestes días estaría respectándose unicamente unha parada en Forcarei, como moito, ás 7.17 da mañá, para ir cara a Vigo, pero «nin sequera habería servizo de retorno". O caso contrario ocorrería en Soutelo, onde non se está a facer a primeira parada da mañá, pero si hai servizo de volta. Estes incumprimentos únense ao "tradicional descontento" en relación as "escasas" frecuencias de paso ou as «limitacións» para coordinar viaxes de ida e volta.
A alcaldesa remitiu onte unha carta á conselleira responsable do Plan de Transportes, Ethel Vázquez, para esixirlle que se respecten as paradas e horarios de paso tal e como están previstos en todos os lugares do concello, como Forcarei, Soutelo de Montes, Cachafeiro, Dúas Igrexas, Cruce San Bertolomeu, Filloi, Aciveiro, Noveliza, A Fontenla, As Toxeiras (Vilar), Ventoxo e Vilapouca.