A piscina do Lalín Arena reabrirá o vindeiro martes tras o parón sanitario do verán

Leváronse a cabo diversas obras de mellora
Lalín Arena. GOOGLE MAPS
photo_camera Lalín Arena. GOOGLE MAPS

O vindeiro martes, día 16, váise reabrir a piscina do complexo Lalín Arena, que tivo que realizar un parón sanitario como é habitual cada ano nesta época. A maiores, leváronse a cabo diversas obras de mellora. Entre outras, arranxáronse pequenos desperfectos, acometéronse obras de fontanería e tamén se actuou nos revestimentos de azulexos, para que agora á volta o equipamento se atope nunhas óptimas condicións.

Tamén se están organizando os cursos de natación para a vindeira tempada, que comezará en outubro. Durante o pasado curso superouse o récord de inscritos, polo que se está a traballar para dar cabida á alta demanda.

Comentarios