domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

As piscinas de Lalín estarán a punto en xullo

Un momento da visita de este martes ás piscinas municipais exteriores. DP
Un momento da visita de onte ás piscinas municipais exteriores.DP
Souto anunciou que hoxe darán comezo as obras de acondicionamento das instalacións municipais

O edil de Deportes, Avelino Souto Rozados, anunciou que este miércoles dan comezo as obras de acondicionamento do entorno das piscinas municipais exteriores a fin de garantir un estado idóneo para a súa apertura a comezos de xullo, tras asinarse o martes a acta de replanteo. Esta actuación permitirá unha renovación integral da imaxe que ofrecen as instalacións e suporá un investimento de 40.907,04 euros, de acordo á proposta aprobada o martes en Xunta de Goberno Local.

A zona de actuación enmárcase dentro do recinto das dúas piscinas municipais descubertas, nas que se van acometer varias actuacións: acondicionamento de parte da zona embaldosada xa existente que rodea os vasos das piscinas (picado das baldosas e azulexos perimetrais ás piscinas e substitución por outros novos), substitución do pavimento existente de baldosas de canto rodado por un pavimento continuo formado de formigón pulido de cor laranxa, picado das duchas e reposición por outras novas e reparación da plaqueta de gres azul.

Ademais mellorarase a accesibilidade das instalacións dado que as duchas presentan distintos niveis de altura, co que se eliminarán eses saltos para que poidan acceder as persoas con algún tipo de problema de mobilidade. Así mesmo cambiarase o actual vallado da piscina grande por un novo e o vallado perimetral exterior na zona infantil cambiarase por un de cores. Tamén se substituirán as rexillas das piscinas.

As piscinas de Lalín estarán a punto en xullo
Comentarios
ç