domingo. 12.07.2020 |
El tiempo
domingo. 12.07.2020
El tiempo

Pontón pide "unha mobilización masiva" no Deza o 12-X para lograr un "cambio real"

A portavoz del BNG, Ana Pontón. EFE
A portavoz del BNG, Ana Pontón. EFE
O Bloque comprométese a converter A Estrada "na capital do moble" combinando a innovación cunha aposta por madeiras de calidade 

A portavoz nacional do BNG e candidata á Xunta, Ana Pontón, pediu nun acto desde A Estrada unha "gran mobilización" de toda a comarca do Deza o 12 de xullo para "pasar páxina da década de decadencia e inmobilismo" do PPdeG e "abrir un tempo novo cun Goberno liderado polo BNG que se faga valer, e que teña como único obxectivo a defensa do país e deste pobo". 

Tras remarcar que "a enquisa que conta é a das urnas", Pontón manifestou a súa convicción de que os datos reflicten que "hai partido" e que o BNG "sae a por todas para gañalo". 

"O 12 de xullo Galicia pode facer historia dando paso a un goberno de país que teña á fronte, por primeira vez, a unha muller nacionalista", proclamou. 

Ao tempo, fixo un chamamento "a todas as persoas que queren un cambio real" a "sumarse" á onda do cambio "da man do BNG". "Temos un proxecto solvente, de futuro, porque non imos fallar e porque somos a mellor alternativa para desaloxar o PP e, con el, as súas políticas de recortes, privatizacións e destrución do tecido industrial", apostilou. 

Nesta liña, trasladou a todos aqueles que queiran "deixar atrás unha Galicia decadente, en branco e negro, para empezar a construír unha Galicia en cor, viva e con futuro" que "a súa aposta é o BNG". 

"Non lles imos a fallar, que se mobilicen de forma masiva para conseguilo", apelou.

"CAPITAL DO MOBLE". Na súa intervención, a cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, destacou o "proxecto propio e transformador pensado para Galicia e para a maioría social" do BNG, e comprometeuse a "devolver todo o potencial como capital galega do moble" á Estrada. 

Engadiu que o Bloque aposta por un país que produza madeiras de calidade, e que as transforme en produtos con "valor engadido" como son os mobles, para o que é precisa unha "gran alianza" entre innovación e os sectores produtivos. 

Pontón pide "unha mobilización masiva" no Deza o 12-X para lograr...
Comentarios