O festival PortAmérica non defrauda a ninguén

A vila termal é, durante estes días, o epicentro dun intercambio cultural entre música e gastronomía, que atrae a un público tan heteroxéneo como a oferta do festival e que vén disposto a pasalo ben na Caballeira situada á beira do río Umia

A animación presdiu a segunda xornada do festival. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera A animación presdiu a segunda xornada do festival. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Son as sete da tarde dun día solleiro en Caldas de Reis. Recende a verán. A xente ocupa as terrazas, e non é para menos pois a calor acompaña. Una señora maior intenta entrar a pasear, de xeito infrutuoso, na zona da Carballeira, sitio de reunión e de actividade principal na vila. Non sabe que estes días se celebra a séptima edición (segunda en territorio termal) do PortAmérica. O festival é unha das citas musicais máis esperadas deste verán, grazas á calidade do seu cartel, cos mellores artistas indies nacionais e grupos de gran tirada internacional.

Na entrada, un público bastante heteroxéneo, conformado por unha xuventude minoritaria, uns asistentes entrados na trintena e corentena, ata familias, nais e pais ataviados con carros de bebés, que se agrupan esperando impacientes a apertura de portas. Esta xa vai con atraso. O inicio estaba programado para as sete menos cuarto e, a esta hora, aínda ninguén podía pasar. Tras quince minutos de abafante espera, daba comezo o festival.

SOLIDARIEDADE. Na Carballeira poden verse unha gran variedade de stands de roupa indie e xoias, pero sobre todo, de postos solidarios, porque entre música e comida, tamén hai oco para o labor social.

Nos seus pés, o festival grovense que colabora co envío de axuda humanitaria ao Mediterraneo Central, está presente co obxectivo de promocionarse e de conseguir fondos para a realización dunha segunda edición.

Pola súa parte, 'Médicos sen fronteiras' consegue conmocionar aos asistentes mediante as súas gafas de realidade virtual. Estas posibilitan converterse nun tripulante máis nun dos barcos que, a diario, se adican ó labor de socorrer aos migrantes sirios; ou nun dos nativos dunha precaria tribu de África.

A Deputación de Pontevedra tamén conta cun oco para a súa campaña contra as agresións machistas . Baixo o lema Lembra! Eu decido, ti respectas, pretende concienciar sobre o consentimento, a liberdade da muller e a forma de actuar ante a ocorrencia dalgún caso.

A xornada do xoves tivo unha nacionalidade definida: Tres das actuacións estiveron protagonizadas por conocidos grupos arxentinos. Los Caligaris foron os encargados da apertura das actuacións. Baixo o lema El show más feliz del mundo traspasan o terreo musical e amosan o seu característico show circense, ataviados con traxes de pallasos, caras pintadas incluídas. Tras eles actuaron os seus amigos e compatriotas Los auténticos decadentes, que continúan a estela do ska e do alborozo e fixeron brincar a multitude congregada, que acabou cuberta de cervexa.

Chegada a noite, o ambiente volveuse máis relaxado e soul, da man de Carlos Méndez, no escenario de Cultura Quente, e de Imelda May. A irlandesa, ao máis estilo Amy Winehouse, conseguiu impregnar aos asistentes ca súa voz e intimismo. Unha liña na que continuaron Jenny and the Mexicats.

La Pegatina, o grupo máis esperado da noite, logrou que os asistentes se entregasen ao máximo ao son do seu ska e a súa rumba. A intensidade elevouse aínda máis coa aparición de Pussy Riot e o seu punk, e continuou ata o peche da xornada, da man do grupo electrónico colombiano Mitú.

Paralelamente, no escenario Ron Barceló, a Duendeneta, que permanece no cartel ano tras ano, deleitou aos oíntes cos mellores éxitos dos oitenta e dos noventa.

GASTRONOMÍA. A comida tamén é importante. Ben entradas as nove da noite, os asistentes dirixíronse ao escenario Repsol Showrocking para gozar dunha cea elaborada polos mellores chefs de Galicia. En total son doce os cociñeiros ao servizo da multitude, entre os que destacan Pepe Solla e Javier Olleros.

Ao longo de todo o recinto tamén existen varios postos máis, dende os de fideos ata os de comidas con lacón, pasando por un kebab. Ao lado do escenario principal formase unha pequena cola conformada por pequenos e grandes, que se atreven a tocar unha batería un tanto peculiar, cuxos instrumentos son utensilios de cociña.

«La música es la madre patria" para Gustavo Parisi, cantante de Los Auténticos Decadentes. A gastronomía tamén o é. Aquí radica o grande acerto do PortAmérica, un festival que logra compaxinar exitosa e satisfactoriamente estes dous ingredientes indispensables da cultura mundial. Esta combinación explosiva, consegue transportar aos asistentes a un lugar idílico. A Carballeira de Caldas independízase do urbanismo que a rodea e transfórmase nun oasis musical, gastronómico e solidario para todos os públicos que o saiban apreciar.

PROGRAMA PARA ESTE SÁBADO
 
Este sábado actuarán no Escenario Estrella Galicia Jacobo Serra, Los Coronas, Xoel López, Izal e ElyElla; no Cultura Quente, os protagonistas serán Pardo, Luis Brea y el Miedo, Pasajero, Shinova, We the Lion e El Columpio Asesino .

No apartado gastronómico poderase gozar da cociña de Pablo González (Murcia), Diego Guerrero (Madrid), Maca de Castro (Alcudia), Begoña Rodrigo (Valencia), Yolanda León (León), Lucía Freitas (Santiago), Beatriz Sotelo (A Coruña), Kiko Martins (Lisboa), Gonzalo García (Madrid) e Edgar Núñez (México)

 

Comentarios