Portas lembra a Domingo Fontán, un dos referentes da ilustración española

Os veciños realizaron unha ofrenda floral no monumento do insigne xeógrafo e matemático
Imaxe do acto de homenaxe a Domingo Fontán celebrado este martes en Portas. DP
photo_camera Imaxe do acto de homenaxe a Domingo Fontán celebrado este martes en Portas. DP
A Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán celebrou cunha ofrenda floral no monumento do insigne xeógrafo e matemático de Portas para lembrar o 233 aniversario do seu nacemento, no que participou a presidenta da entidade, Concha Méndez Domínguez, o alcalde , Ricardo Martínez, o tenente de alcalde, Alfonso Vázquez, a concelleira Ana María Peña e o ex rexedor Víctor Estévez.

Os participantes nesta homenaxe comezaron o acto cunha concentración no Museo Domingo Fontán e, en comitiva, acompañada polo grupo de gaitas de nome homónimo, foron avanzando ata chegar aos xardíns da Praza de Domingo Fontán onde está ubicada unha estatua na honra deste destacado veciño da Ilustración española.

Á comitiva uníuse a continuación a presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán, Concha Méndez Domínguez, quen acompañou ao alcalde, Ricardo Martínez, na realización da ofrenda floral diante do recordo pétreo en memoria do insigne matemático galego do século XIX.

Imaxe do acto de homenaxe a Domingo Fontán celebrado este martes en Portas. DP (2)

Unha vez alí, o grupo de gaitas Domingo Fontán, de Portas, interpretou o himno galego que foi seguido con solemnidade polos presentes nun acto emotivo e sinxelo marcado polas restricións obrigadas pola pandemia da covid-19. Así, os asistentes gardaron o distanciamento social e ían todos provistos de máscaras.

Ao rematar o acto o alcalde, departeu con varios membros da asociación presentes no acto e ensalzou a figura de Domingo Fontán como a máis senlleira de Portas e o matemático e xeógrafo máis importante na historia de Galicia.

BIOGRAFÍA. Domingo Fontán naceu o 17 de abril de 1788 en Portas e morreu o 24 de outubro de 1866 en Cuntis. Foi o segundo de cinco irmáns e na vila de Noia aprendeu inglés e francés grazas ao cura párroco da localidade que era o seu tío materno. Con doce anos comezou os seus estudos de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela, conseguindo o título no ano 1802, cando contaba só con catorce anos.

Este veciño de Portas, cuxos retos mortais descansan no Panteón de Galegos Ilustres, na iglesia do convento de Santo Domingo de Bonaval (Santiago de Compostela), tamén estudou lengua hebrea e a Biblia, ademais de Leis e Cánones, Ciencias Exactas e Teoloxía. Un verdadeiro prodixio.

Moitas foron as súas aportacións a diversos campos, como no eido da política, sendo denunciado e absolto por liberal en 1814, e deputado nacional dese partido por la provincia de Pontevedra de 1836 a 1843. Ocupou ademais diversos postos na enseñanza superior, foi director do Observatorio Astronómioco de Madrid, aínda que o logro que máis se lembra é a Carta Geométrica de Galicia, un traballo de 17 anos.

Trátase do primeiro mapa realizado en España con métodos científicos e medicións matemáticas.

Comentarios