Martes. 20.11.2018 |
El tiempo
Martes. 20.11.2018
El tiempo

O PP de Lalín critica ao Goberno por iniciar as obras da rotonda do Montserrat

Xosé Crespo, presidente do PP en Lalín. AEP
Xosé Crespo, presidente do PP en Lalín. AEP

Ademais, califican a xestión do actual alcalde, Nicolás González Casares, de "nefasta e chapuceira"

O PP de Lalín esixe explicacións ao Goberno municipal por ter iniciado as obras da rotonda do Montserrat. Os traballos foron paralizados porque non se obtiveran as autorizacións do proxecto por parte do departamento de Patrimonio da Xunta de Galicia.

Ante esta situación, os populares demandan aclaracións ao tenente de alcalde, Nicolás González Casares, sobre o porque do atraso na entrega do proxecto arqueolóxico, ademais de que califican a xestión de Casares de "nefasta e chapuceira".

O grupo municipal do PP de Lalín agarda que non se sigan producindo máis atrasos "nunha obra que foi aprobada polo Pleno en novembro de 2015 a proposta do PP", e cuxa tramitación foi rematada en setembro do 2017.

O Partido Popular transmite múltiples queixas dos veciños e veciñas do municipio que protestan polo atraso de todas as xestións relativas ao departamento de Urbanismo, que afectan notablemente ó desenvolvemento de Lalín.

O PP de Lalín critica ao Goberno por iniciar as obras da rotonda do...
Comentarios