A Praza da Capela de Vilar en Valga estrea novo pavimento

Nas obras investíronse neste espazo case 48.000 euros aportados pola Deputación de Pontevedra
Praza da Capeña de Vilar. DP
photo_camera Praza da Capeña de Vilar. DP

A praza da capela de Vilar en Valga conta xa con novo pavimento, despois de rematar as obras de humanización que se executaron durante os últimos meses e que supuxeron o investimento de 47.860"49 euros aportados pola Deputación provincial de Pontevedra.

O proxecto permitiu dotar a praza dunha nova imaxe máis acorde aos elementos patrimoniais enclavados no lugar: a capela de San Paio e o cruceiro.

Os traballos consistiron na retirada do vello pavimento de asfalto e formigón e a instalación de canalizacións para diferentes servizos: abastecemento de auga, rede de pluviais e alumeado.

As actuacións completáronse coa colocación do novo pavimento, tanto na praza coma nun camiño que bordea a capela. Combina lousas de granito e empedrado e con el este espazo, situado en pleno centro do núcleo tradicional de Vilar, ofrece un aspecto moito máis uniforme.

O Concello de Valga sacou adiante este proxecto co obxectivo de ofrecer aos veciños desta aldea un espazo máis seguro, cómodo e funcional, creando unha zona de lecer e reunión na que teña prioridade o uso peonil, limitándose o acceso de vehículos tan só aos residentes.

Comentarios