jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

O comité de Grupo Norte critica cunha protesta na Estrada a "prohibición" dunha manifestación

Protesta do comité de empresa de Grupo Norte. CIG
Protesta do comité de empresa de Grupo Norte. CIG

Reclaman coas mobilizacións que a firma, encargada de xestionar a atención telefónica do 061, pague uns incentivos

Representantes do comité de empresa de Grupo Norte, que xestiona a atención telefónica do 061, desenvolveu este mércores unha concentración diante do centro de emerxencias da Estrada para denunciar "a prohibición por parte da Policía Autonómica" dunha manifestación prevista no recinto para reclamar o pago de incentivos. Segundo a CIG, a Subdelegación do Goberno autorizara a mobilización, pero houbo un informe negativo do corpo policial autonómico e iso impediu a súa celebración. 

Así as cousas, os membros do comité decidiron concentrarse diante do edificio, nunha protesta que, atendendo á información da central sindical, estivo custodiada por un "amplo dispositivo despregado no exterior do recinto por Policía Local, Nacional e Garda Civil".

O persoal reclama, entre outras cuestións, o pago de incentivos salariais dun 7,5% cada seis meses, que di que a empresa reduciu ao 5% ao facerse cargo do servizo. “Estivemos un ano negociando e dicían que os ían abonar porque fora un erro, pero pasou o tempo e nada, polo que decidimos retomar as mobilizacións”, apunta a CIG.

O comité de Grupo Norte critica cunha protesta na Estrada a...
Comentarios