Unha concentración veciñal diante do Centro de Saúde protestou este mércores polos "graves recortes" que teñen que soportar os usuarios durante o presente mes. En Moraña contarán cun médico para atender a todo o municipio do 1 ao 8 e do 22 ao 30, polo que estará dispoñible, únicamente, para resolver urxencias.
A convocatoria é a terceira en menos dun ano ante esta instalación a cargo do Servizo de Saúde da Xunta de Galicia. Os convocantes, BNG e PSdeG locales, falaron de "recorte inasumible e intolerable" e tamén de "maltrato sistemático do Partido Popular a un servizo público".