miércoles. 15.07.2020 |
El tiempo
miércoles. 15.07.2020
El tiempo

O público encheu o curro de Amil para aplaudir a rapa de cen bestas

A cifra de éguas e machos 'veteranos' é máis reducida, aínda que non faltaron algúns dos grandes exemplares dos montes de Amil. RAFA FARIÑA
A cifra de éguas e machos 'veteranos' é máis reducida, aínda que non faltaron algúns dos grandes exemplares dos montes de Amil. RAFA FARIÑA

Uns 15 aloitadores completaron as tarefas para sanear aos animais ▶A xornada resolveuse con algún incidente, ao ter os cabalos moito espazo para correr no curro, pero todos de carácter leve

Cheo absoluto de público e boa cifra de cabalos saneados na Baixa das bestas de Amil, celebrada esta fin de semana na localidade morañesa con un resultado aceptable en canto a animais reunidos, despois da varios anos de cifras baixas por mor dos ataques ao gando no monte.

O curro do domingo pola tarde comezou con algo de retraso e a festa desenvolveuse segundo o previsto, co único inconvinte de que, ao ser unha cifra aínda non demasiado elevada de bestas, os animais dispoñían de bastante espazo no curro, algo que permite que corran en amplos círculos e complica a tarefa dos aloitadores á hora de facerse cos exemplares e separalos do grupo para poder inmobilizalos e proceder a cortar as crins e realizar o marcado dos que o precisan.

A cifra de éguas e machos veteranos é máis reducida, aínda que non faltaron algúns dos grandes exemplares dos montes de Amil. RAFA FARIÑA (4)

A rapa, con todo, desenvolveuse sen ningún tipo de incidente grave. Uns quince aloitadores encargáronse este ano de facer as tarefas de saneamento dos animais, e algúns deles padeceu golpes de pouca consideración como efecto da forza dos equinos. Protección Civil de Moraña indicou que a pesar de que atendeu algúns golpes, ningún deles pasou de ser leve nin foi preciso o traslado dos afectados.

En canto ás cifras de asistencia, este ano conseguiuse encher o recinto para o público no curro do domingo, aínda que non así no do sábado, xornada na que o maior aliciente é o traballo dos membros da asociación para baixar aos animais desde o monte ata a zona do curro. A festa contou con animación por parte dun grupo de gaitas e coa custodia dos efectivos da agrupación de Protección Civil local, que se encargaron tanto dos asuntos relativos ao tráfico como da primeira atención sanitaria no caso de ser preciso.

A cifra de éguas e machos veteranos é máis reducida, aínda que non faltaron algúns dos grandes exemplares dos montes de Amil. RAFA FARIÑA (2)

Unha vez rapados os animais, a iso das 21.00 horas, e despois de facer o tradicional sorteo dun poldro da cabaña de Amil, deuse por terminado o evento coa solta das bestas e a súa devolución aos montes onde pasarán o resto do ano.

A cifra de éguas e machos veteranos é máis reducida, aínda que non faltaron algúns dos grandes exemplares dos montes de Amil. RAFA FARIÑA (3)

O público encheu o curro de Amil para aplaudir a rapa de cen bestas
Comentarios