miércoles. 29.09.2021 |
El tiempo
miércoles. 29.09.2021
El tiempo

As rebaixas como vehículo para promover o uso do galego no comercio local

undefined
Ángela Troitiño, concelleira de Normalización Lingüística. CEDIDA
O Concello de Silleda activa unha campaña na que ofrece cartaces e adhesivos gratis

O Concello de Silleda vén realizando actividades de fomento e promoción do uso do galego en diversos ámbitos da vida dos veciños. Este ano, coincidindo unha vez máis ca tempada de rebaixas de verán, volve activarse esta iniciativa dirixida a todos os comercios do municipio.

''Entendemos que o fomento da utilización da lingua galega depende de múltiples axentes que deben traballar cun mesmo obxetivo. Dende este departamento preténdese a promoción e posta en marcha de iniciativas que se sumen ás impulsadas por outros intermediarios nas distintas esferas da vida social dos veciños e veciñas do noso municipio'', indica a concelleira de Normalización Lingüística, Ángela Troitiño.

As campañas comerciais nas que o volume de interacción entre os distintos axentes implicados na compra-venta de artigos son maiores, propician unha máis decidida aposta por usar a lingua galega para fomentar bos hábitos comunicativos (tanto na fala como na escrita).

Froito desta intención naceu a campaña O meu comercio? En galego!, na que se englobarán as iniciativas que se leven a cabo no sector de cara a promocionar o uso do galego no comercio local.

Así, dende este mes de xullo activase a campaña Rebaixas en galego,unha iniciativa que foi moi ben acollida por parte dos comercios silledenses en edicións anteriores. Trátase do deseño, edición e impresión dos cartaces informativos para a súa colocación durante as épocas de rebaixas nas vidrieiras, de cara a evitar a publicidade en castelán nos escaparates da rúa.

Tamén se editan pegatinas para as vidrieiras co lema Non deixes a lingua na porta, entra! Atendémoste en galego. Son adhesivos para colocar na entrada do local comercial. 

Tamén durante o Nadal se vén celebrando nos últimos anos a campaña Silledagasalla, ca implicación da comunidade educativa. A participación en calquera destas actividades citadas é totalmente de balde para todos os comerciantes do Concello de Silleda.

As iniciativas Rebaixas en galego e as pegatinas Non deixes a lingua na porta xa se poden retirar. Para obter os cartaces e os adhesivos, hai que dirixirse ao Departamento de Normalización Lingüística sito no Centro Social de Silleda, achegándose ás oficinas ou a través do teléfono 986592037. Así mesmo, tamén se pode contactar a través do correo electrónico [email protected]

''Emprazamos a todas as persoas comerciantes a participar desta campaña que cremos tan necesaria para fomentar o uso a lingua galega no noso municipio'', sinala a concelleira Ángela Troitiño.

As rebaixas como vehículo para promover o uso do galego no comercio...
Comentarios
ç