Regina Grela súmase ao club dos centenarios de Valga

Regina Grela Valga INTERIOR
Regina Valga coa súa torta de aniversario. CEDIDA

A veciña de Coto (Campaña) Regina Grela Fernández celebrou este luns o século de vida e recibiu a visita do alcalde, José María Bello Maneiro, e das concelleiras Begoña Piñeiro e Carmen Gómez para felicitala por ingresar no club dos centenarios de Valga. Este club xa conta cun número considerable de socios, dúas mulleres e un home da localidade, aparte da recén estreada integrante.

Á protagonista agasallárona cunha placa conmemorativa, un ramo de rosas e un torta en nome de toda a poboación do municipio.

Regina ten unha filla, catro netos e seis bisnetos. É unha muller moi activa, sae todos os días — sempre e cando o tempo llo permite— polos arredores da súa vivenda, e unha das súas grandes aficións é ir de paseo en coche. Con cen anos mantén o seu espírito optimista e positivo.


Un traballo pesado

Regina traballou máis de dúas décadas na desaparecida fábrica de cerámica Novo y Sierra, na que as mulleres tiñan atribuída as tarefas de colocar os ladrillos arredor do forno para secalos e carrexar a leña para avivar o lume.

Pese aos anos transcorridos, a muller aínda lembra o sistema de funicular que a empresa utilizaba para trasladar o material ata o río Ulla e que agora o Concello está tratando de recuperar. O ladrillo, lembra, metíase nas vagonetas na fábrica e levábase "polo aire" ata o porto.

Comentarios