Rey, Pérez e Fariña falan dos seus proxectos para Caldas de Reis

Os socialistas queren lograr unha nova alcaldía, o PP aspira á maioría absoluta e o BNG, a sumar máis
Rey, Pérez y Fariña. ADP
photo_camera Rey, Pérez y Fariña. ADP

Juan Manuel Rey: "Saímos para gañar e o pobo poñeranos onde considere"

Juan Manuel Rey. ADP
Juan Manuel Rey. ADP

Leva xa 17 anos na Alcaldía de Caldas, vai a polos 21?
Obviamente. Un cando se presenta faino porque entende que ten o mellor programa e o mellor equipo para facelo. A estas alturas da miña película non é un afán de gañar nin un fito persoal; creo no proxecto que teño e o que quero é poder desenvolvelo.

Que expectativas ten para a próxima lexislatura se logra a reeleccción nas furnas o próximo domingo?
Mellorar a situación actual. Vimos dunha lexislatura, malía o covid, na que se certificou quen sabe xestionar e quen non, brillante. Houbo un montón de logros e importantísimos. Temos a mellor e única Vía Verde de Galicia, que queremos ampliar para que no seu día chegue ata Vigo. Imaxina o que sería unha Via Verde que una as Rías Baixas dende Caldas. Eu sentiríame un afortunado. Outro exemplo é que ao principio desta lexislatura non tiñamos escola de música e agora si que temos a mellor da provincia con moitísima diferencia. Tamén destinamos tres millóns de euros ao saneamento e estamos acadando o 100%. Temos unha situación económica envidiable e que se traduce no feito de que levamos 12 anos sen tocar os impostos con débeda cero, págase ao día. Na administración moi poucos están nesta situación. Tamén estamos recibindo premios, que sen ser determinante, si que certifica certa vontade.

Que liñas destacaría do programa electoral que presenta para as eleccións municipais deste ano? 
Temos unha cuestión de logros consolidada como é o estudio da Variante ou de desenvolvemento dos polígonos, que xa o PEID está feito e firmaremos con Zona Franca o desenvolvemento do polígono Paradela-Carracedo. Estou certo que tamén será a lexislatura do centro médico e da ampliación do instituto, que xa están moi ben perfilados. Creo que estes catro logros xustificarían con creces a lexislatura. Tamén hai desenvolvementos turísticos. De feito vimos de conseguir que estes días haxa xornadas de portas abertas nas pozas para que toda a cidadanía poida ver o que está aí feito. Tamén podo confirmar que temos un novo pozo termal con características especiais. É un pozo que a analítica dá moi semellante as augas actuais con dúas característas que o fan bo. Hai ausencia de contaminación e a temperatura é de 29 grados. Vaise buscar a súa declaración como auga termal mediciñal. Esto vai provocar que na próxima lexislatura sexa importante o desenvolvemento dun novo pacto termal. Estes feitos quero poñerlos a disposición dos empresarios por se os queren desenvolver. Estamos negociando tamén co Obispado a utilización pública do patio da Encarnación. Ten moi boa pinta a negociación e non descartamos nada. Un espazo público aberto no centro do pobo e cubríria unha heiba que neste momento temos.

E de todos estes obxectivos, cal será o primeiro que levará a cabo se volver a ser alcalde?
Isto ten boa pinta e pode chegar a desenvolverse fácilmente. Para min, pola súa dificultade, o instituto e o centro médico, máis aló das liortas políticas, van a saír adiante, así como o impulso da circunvalación e os polígonos industriais, aos que lle vou a poñer especial interés.

Nas eleccións de 2019 lográstedes seis concelleiros. O obxectivo agora é a maioría absoluta?
Obviamente. Nos saímos para gañar e logo o pobo poñeranos onde considere oportuno que debemos estar.

Fernando Pérez: "Estamos moi ilusionados con lograr a maioría absoluta"

Fernando Pérez. ADP
Fernando Pérez. ADP

Cre que estás eleccións serán as que provoquen o cambio de Alcaldía en Caldas a favor do Partido Popular?
Nós creemos que si. As sensacións que estamos tendo son moi boas e aínda por riba, con diferentes doutros anos, si que notamos máis cansancio coa deixadez e o abandono que está sufrindo Caldas. Si que hai unha sensación de necesidade de cambio.

Considera que lles favorece á hora de conseguir votos que a Alcaldía sexa a mesma dende hai 17 anos?
Si. Estamos vendo arranques que nunca antes se deran en Caldas por parte dos cidadáns, ao marxe da campaña electoral. Vense pancartas en moitos lugares do municipio que mostran ese cansancio coas mentiras reiteradas e co incumplimento da palabra do alcalde, que desgraciadamente non serve para nada; nunca cumple. Estas pancartas non surxiron de ningún partido político, senón que é cousa dos veciños de diferentes puntos do rural e tamén do casco urbán. Hai un cansancio imporante. A nós o que nos preocupa e que o voto do BNG é como votar ao PSOE. É o mesmo. O BNG non pode significar cambio porque lle vai permitir seguir gobernando ao mesmo alcalde.

Entón o obxectivo que se propoñen está claro: lograr a maioría absoluta.
No 2019 estivemos a pouco máis de cen votos de gañar e realmente o sexto concelleiro tiñamolo. Poderíase dicir que foi un empate técnico co PSOE. Agora so nos quedaría remar para sumar o séptimo, que é onde se establece esa maioría absoluta. Nese sentido estamos bastante ilusionados. Matemos ese discurso, que a xente teña claro que se o BNG e o PSOE suman, vai a ser o mesmo.

Se conseguise entrar como alcalde, que sería o primeiro que faría?
A primeira medida que levaríamos a cabo sería abrir o diálogo para escoitar e darlle unha volta prácticamente a todo. O traballo é moi grande porque está todo por facer. Teremos que marcarnos prioridades e establecer unha planificación. Urxentemente o primeiro que faríamos sería unha limpeza integral de todo o concello.

Manuel Fariña: "Vamos a ter un resultado absolutamente histórico"

Manuel Fariña. ADP
Manuel Fariña. ADP

Cales son as súas expectativas para as eleccións do vindeiro 28 de maio?
Temos as expectativas moi altas. Estamos nun momento de crecemento imparable no BNG e en Caldas xa levamos anos medrando electoralmente en cada comicio. Estas eleccións municipais afrontámolas co enorme reto de duplicar a representación municipal e acadar a Alcaldía de Caldas. Non poñemos ningún tipo de límite e creo que é máis realista do que pode parecer.

Que sensacións ten na rúa cos veciños?
Son inmellorables. Estase acercando a xente a nós todos os días e estamos recibindo chamadas e o apoio da xente na rúa. Mesmo nos están felicitando persoas doutas forzas políticas. Lévanos a pensar que vamos a ter un resultado absolutamente histórico e estamos en disposición de decir que moi posiblemente teñamos o mellor resultado do BNG en Caldas. Vai ser definitivo

De conseguir esa ansiada alcaldía, cal sería a primeira medida que levaríades a cabo?
Unha as primeiras medidas que executaría será abrir as Pozas da Tafona nos primeiros 100 días do mandato. Por outra parte, chamar e plantarme na porta da Consellería de Sanidade para desbloquear dunha vez por todas a construción do novo centro de saúde e por outra banda poñer en marcha un plan especial de mantemento e limpeza das rúas de Caldas. Temos máis de 150 pequenas actuacións que dependen máis da vontade política que dos cartos para limpar o centro e o rural.