Rouban nas instalacións de Emerxencias de Lalín

Os amigos do alleo levaron unha gran cantidade de chaves de diferentes inmobres municipais

Emerxencias de Lalín, tras el robo. DP
photo_camera Emerxencias de Lalín, tras el robo. DP

O Concello de Lalín cursou na mañá deste sábado unha denuncia ante a Garda Civil por un roubo sufrido a pasada noite nas instalacións de Emerxencias, no campo da feira vello.

O ladrón ou ladróns romperon unha fiestra para acceder ao interior. Unha vez revisadas as dependencias notáronse en falta unha gran cantidade de chaves pertencentes a diferentes inmobles municipais.