Rouban nas piscinas de Agolada as tres bombas das depuradoras

O Concello dezano detectou que tamén faltan tres dosificadores e medidores de cloro, polo que o valor total do extraído estímase entre os 15.000 e os 20.000 euros
Usuarios disfrutando de una piscina municipal. GONZALO GARCÍA (ADP)
photo_camera Unha piscina municipal. GONZALO GARCÍA (ADP)

Despois de estar pechadas o verán pasado debido ao covid-19, o equipo de goberno de Agolada decidiu abrir este ano as piscinas municipais.

O concelleiro de Obras, Pedro García, estivo nestas instalacións municipais para supervisar o seu estado e para organizar todas as tarefas de mantemento e limpeza. Foi nese momento cando se decatou de que faltaban polo menos as tres bombas das depuradoras.

Os axentes da Garda Civil desprazáronse á localidade ese mesmo día para realizar os informes pertinentes. O Concello tamén comezou a elaborar un informe para comprobar se falta algo máis e detectou que extraeron ademais tres dosificadores e medidores de cloro. "O valor do roubado pode situarse entre os 15.000 e os 20.000 euros", calculan o edil de Obras, Pedro García, e o tenente de alcalde, Óscar Val.

O Concello, que presentará denuncia, pensa que son profesionais e que o roubo foi recente.

Comentarios