O salmón da Estrada recibe a 12.000 fans

A cita gastronómica estradense e a Festa da Troita, fixeron dos peixes fluviais, protagonistas da fin de semana

Gran ambiente no Novo Mercado estradense. PATRI FIGUEIRAS - Festa do Salmón da Estrada
photo_camera Gran ambiente no Novo Mercado estradense. PATRI FIGUEIRAS

A vila da Estrada acolleu a máis de 12.000 persoas nunha cuadraxésimo sexta Festa do Salmón na que a organización esgotou os 6.400 pinchos servidos na degustación popular.

A cifra iguala o récord de asistencia das edicións dos anos 2014 e 2018 e ateigou o Novo Mercado e a súa contorna, onde se concentraron os actos gastronómicos, a Zona dos Viños e outras rúas con gran peso hostaleiro, así como os restaurantes.

Gran ambiente no Novo Mercado estradense. PATRI FIGUEIRAS - Festa do Salmón da Estrada (3)

A parte institucional da festa iniciouse a media mañá coa recepción de autoridades e a lectura do pregón a cargo do profesor Armando Requeixo e a imposición dos Salmóns de Ouro ao propio pregoeiro, ao ex presidente do CIT Luis Reimóndez a título póstumo (a insignia foi recibida por Catina Sanmartín), á asociación Codeseda Viva e á empresa Hijos de Rivera.

Galardoados co Salmón de Ouro. PATRI FIGUEIRAS - Festa do Salmón da Estrada

Tras este acto, o protagonismo do programa trasladouse ata o Novo Mercado e a súa contorna, que recibíu aos milleiros de asistentes co espectáculo gastronómico Sabor, a música ambiental de The Bichos Jazz Band ou o obradoiro de montaxe de moscas para a pesca do salmón, ademais da exitosa degustación.

En Ponte Caldelas, pola súa banda, a festa da troita pechou tras repartir máis de 3.000 troitas fritas, con gran éxito de asistencia e moi bo ambiente na vila.

Comentarios