domingo. 22.09.2019 |
El tiempo
domingo. 22.09.2019
El tiempo

Sara Castillo e Víctor González gañan en Cuntis

Podios do trail de Cuntis.DEPUTACIÓN
Podios do trail de Cuntis.DEPUTACIÓN
A primeira clasificada femenina venceu no DepoDesafío Trail de Cuntis por oito minutos

Sara Castillo e Víctor González foron os grandes dominadores do DepoDesafío Trail de Cuntis a pasada fin de semana. Nun día de deporte espectacular, potenciado polo magnífico circuito da vila termal (que pasou por espazos coma o Castro Sebil), os dous atletas mostraron suficiencia para subirse ao máis alto do podio.

Sara Castillo, que cruzou a liña de meta con máis de 8 minutos de vantaxe sobre Iria Campos. En categoría masculina Víctor González impúxose cunha renda de minuto e medio sobre Óscar Piñeiro. Esta etapa de aproximadamente 16 quilómetros foi a cuarta e penúltima proba do DepoDesafio 2019, unha vez xa se celebraran a proba ciclista BTT das Neves, a travesía a nado de Poio e a carreira nocturna de Vilagarcía de Arousa.

A última parada do circuíto da Deputación de Pontevedra, que será un tríatlon en distancia "sprint" nos arredores da praia de Samil, terá lugar o domingo 13 de outubro. As inscricións, que poden formalizarse na web da institución provincial, están abertas ata o 7 de outubro.

Iria Campos e Ramón Troncoso sairon de Cuntis como líderes da clasificación xeral Depodesafío 2019

Tal e como aconteceu na primeira edición, a gañadora e o gañador final da clasificación do "DepoDesafío 2019", para a que teñen que ter participado en 4 das 5 probas, recibirán como premio o dorsal para competir na Maratón de Berlín, con desprazamento e aloxamento incluídos. De feito, a finais deste mes de setembro viaxarán á capital de Alemaña Ariana González e Brais Misa, gañadores de 2018.

O espectacular trazado do trail de Cuntis situou finalmente a Iria Campos e Ramón Troncoso no liderado da clasificación xeral do DepoDesafïo 2019. Iria, segunda na proba desta fin de semana, ampliou a súa vantaxe sobre a súa perseguidora na xeral, Cristina García, e xa son 275 puntos os que as distancian a falta dunha soa carreira, o tríatlon que acollerá Vigo o domingo 13 de outubro. Pola súa banda, Ramón Troncoso asaltou o liderado grazas ao terceiro posto acadado no trail de Cuntis, superando na xeral a Alexandre Paz por só 40 puntos.

Sara Castillo e Víctor González gañan en Cuntis
Comentarios