O Servizo de Emerxencias Municipal sofoca un incendio nunha cociña de Foxacos

O lume ocasionou danos materiais, pero a rápida intervención dos profesionais evitou que houbese que lamentar danos persoais
Incendio producido na cociña da vivenda de Foxacos, en Cuntis. DP
photo_camera Incendio producido na cociña da vivenda de Foxacos, en Cuntis. DP

O Servizo de Emerxencias Municipal de Cuntis sofocou este xoves un incendio acontecido nunha vivenda de Foxacos. O lume afectou á cociña do inmoble, producindo numerosos danos no mobiliario. 

Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais. Tamén acudiron ao lugar do suceso Protección Civil de Portas e a Policía Local.

Comentarios