Silleda e Ponte Caldelas protexen á cidadanía con fontes desinfectantes

Os veciños poderán lavar as mans despois de sair dos establecementos ou durante os paseos
El alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, durante el reparto de packs de higiene a los pequeños comercios locales. CEDIDA
photo_camera El alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, durante el reparto de packs de higiene a los pequeños comercios locales. CEDIDA

O Concello de Ponte Caldelas completou este sábado a instalación de tres novas fontes desinfectantes, que suman así un total de doce repartidas polo municipio, co obxectivo de protexer á cidadanía fronte ao coronavirus.

As fontes están colocadas diante do Supermercado Froiz, do Día, diante da Praza de Abastos, na Praza de España (encrucillada da Farmacia), no inicio do Paseo da Calzada, fronte ao Pipeiro, á entrada do edificio Consistorial, na Avenida de Pontevedra (onda Aurea Telecomunicacións), na Rúa da Ponte (onda Ferretería Crespo), na rúa González Besada (entre a floristería e Carper Moda), no Polígono de A Reigosa e no exterior do Ultramarinos Casa Xustáns.

Desta maneira, con dez das doce fontes instaladas no casco urbán, todas as persoas que o desexen poderán desinfectar as súas mans antes e despois de entrar nos establecementos ou despois dun paseo.

SILLEDA. Pola súa banda, o Concello de Silleda procedeu esta semana a colocar o primeiro dos dispensadores de xel desinfectante nas rúas, en concreto na praza Siñor Afranio.

En total, colocaranse tanto en Silleda como en Bandeira, os dous cascos urbanos da vila trasdezana, dez unidades, "buscando sempre ubicacións estratéxicas para abarcar áreas onde se atopen servizos públicos ou de maior concorrencia de público", indica o Concello.

Así mesmo, según concreta o alcalde, Manuel Cuiña, a partir deste luns mesmo instalaranse o resto dos dispensadores polo municipio.

O Goberno local apela a realizar un uso responsable deste xel desinfectante, que se dispensa activando co pé un pulsador. Estas fontes de xel contan ademais cun deseño que garantiza a hixiene do proceso, evitando o contacto manual co dispensador.

Comentarios