Lunes. 17.06.2019 |
El tiempo
Lunes. 17.06.2019
El tiempo

Touriñán e o lacón con grelos, dúo de ouro en Cuntis

Un momento da festa. RAFA FARIÑA
Un momento da festa. RAFA FARIÑA

O Concello cifra en torno a 4.000 os comensais na degustación e sobre 30.000 os asistentes ao evento, que se completou con varias mostras, música nas rúas e o Enterro do Chapante

Éxito rotundo da nova edición da Festa do Lacón con Grelos en Cuntis que, segundo os cálculos iniciais do Concello, conseguiu reunir na vila a unhas 30.000 persoas, das que 4.000 se converteron en comensais da degustación de lacóns máis grande de Galicia. O alcalde, Manuel Campos Velai, explicou este domingo que "o resultado foi moi satisfactorio e aínda que deixaremos pasar uns días para facer unha valoración máis acaída, cos primeiros datos na man podemos dicir que foi un éxito de asistencia de xente que veu pasear pola vila e tamén de comensais na degustación".

Un momento da Festa do Lacón con Grelos de Cuntis. RAFA FARIÑA (4)

Os 4.000 asistentes retiraron tiques de 12 euros que lles daban dereito a unha degustación de lacón con grelos e sobremesa, ademais de bebidas, pan e café. Un dos éxitos da xornada foi o momento do pregón a cargo do actor e cómico Xosé Antonio Touriñán, que non deixou indiferente a ningún dos centos de asistentes que se congregaron nese momento na carpa.

Xosé Antonio Touriñán, nun momento da festa. RAFA FARIÑA - Festa do Lacón con Grelos de Cuntis

Os actos deran comezo ás 11.30 horas coa actuación da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis e a apertura da Feira de Artesanía e Produtos Agroalimentarios. Ás 12.00 horas iniciáronse as distintas exposicións como a de A Camelia no Lacón con Grelos, a mostra de tellas decorativas ou a de cerámica de Castrolandín e a de encaixe.

Un momento da Festa do Lacón con Grelos de Cuntis. RAFA FARIÑA (2)

Despois do pregón cargado de humor, foi a quenda do XI Vespalacón que deu paso ao Desfile do Entroido Tradicional de Madamitas e Madamitos (Entrimo) e ás 13.15 horas la actuación de la Banda de Gaitas As Portelas de Lubián (Zamora) e posteriormente iniciouse a degustación.

Un dos momentos de maior éxito da xornada foi o sorteo dos comerciantes, no que había en xogo unha viaxe a Canarias. Touriñán foi o responsable de comunicarlle por teléfono á agraciada, unha veciña chamada Charo, que fora premiada coa citada viaxe. As festas despedíronse en Cuntis como manda a tradición, co enterro do Chapante, a partires das 19.00 horas, un evento que pon punto e final ao Entroido.

Un momento da Festa do Lacón con Grelos de Cuntis. RAFA FARIÑA (3)

Touriñán e o lacón con grelos, dúo de ouro en Cuntis
Comentarios