Un camión con abono de coello perde a súa carga cando circulaba por Rodeiro

O suceso ocorreu na PO-533 na mañá deste mércores

Un camión perde parte da carga de abono de coello na entrada que pasa polo núcleo de Rodeiro.

O accidente ocorreu na PO-533, que conecta Lalín con Chantada. O servizo de Conservación de estradas e os Bombeiros traballan na limpeza da calzada dende ao redor das 11.30 horas da mañá deste mércores. Unha Unha patrulla da Garda Civil de Tráfico ocupouse de controlar a circulación.