Uns individuos destrozan cun cantazo o sistema de rego dun parque en Lalín

A pedra utilizada para romper o sistema de control de rego. DP
photo_camera A pedra utilizada para romper o sistema de control de rego. DP

No parque detrás do auditorio uns individuos destrozaron cun cantazo o sistema de rego do lugar, provocando que este estivera regando sen control ata que se arranxou o mesmo. O alcalde José Crespo dixo que "se estas persoas pensan que realizando actos delictivos van debilitar ao actual goberno, están moi equivocados, xa que o que sae prexudicado é o pobo enteiro de Lalín. A empresa ten a orde expresa de non regar ningún xardín dende fai tempo e, a consecuencia deste destrozo, deuse un consumo totalmente indesexado de auga así como a rotura do sistema que controla a súa posta en funcionamento".

Comentarios