Uns vándalos fan destrozos no xacemento da Igrexa Vella no concello de Valga

Trátase dun ben protexido, polo que este actos está penados pola lei
Xacemento arqueolóxico de Igrexa Vella. GALICIAMÁXICA.EU
photo_camera Xacemento arqueolóxico de Igrexa Vella. GALICIAMÁXICA.EU

O Concello de Valga detectou nos últimos días danos ocasionados por persoas descoñecidas na Igrexa Vella, un dos xacementos arqueolóxicos de maior relevancia histórica, patrimonial e cultural do municipio. 

Uns vándalos arroxaron sobre as tumbas que se conservan da antiga necrópole pedras que previamente foron arrincadas dos muros do propio xacemento. "E esta non é a primeira ocasión na que este importante elemento patrimonial do noso concello se ve afectado por actos incívicos", indica o Goberno local. Así, con anterioridade xa se teñen detectado danos na cartelería do xacemento e destrozos no valado que o circunda cando acababa de ser arranxado.

Ante esta sucesión de actos de vandalismo na Igrexa Vella, o Concello lembra que os bens patrimoniais están protexidos e advirte que danalos está penado pola lei e pode conlevar sancións para as persoas responsables. O Goberno municipal está a sopesar medidas, coma o establecemento de vixilancia, para evitar "que sucesos tan lamentables coma estes volvan repetirse", indica.

Comentarios