domingo. 18.08.2019 |
El tiempo
domingo. 18.08.2019
El tiempo

Unha vaca dunha gandería de Cruces convértese na Gran Campiona de Feiradeza 2018

A vaca Gran Campiona, este domingo en Lalín. DP
A vaca Gran Campiona, este domingo en Lalín. DP

A Gandería Manteiga fíxose tamén co galardón de mellor criador, quedando en segundo posto Gandería Blanco, de Lalín

A feira de gando frisón por excelencia do norte da provincia de Pontevedra, Feriadeza, que rematou este domingo en Lalín, outorgou o título de Gran Campiona a Manteiga Shottle Luna, pertencente á Gandería Manteiga, de Vila de Cruces.

Precisamente, a mesma explotación fíxose co galardón de mellor criador, quedando en segundo posto Gandería Blanco, de Lalín. Logo de competir na xornada do sábado as seccións de xatas (entre os oito e os 16 meses) e xovencas (de 17 a 26 meses), este domingo foi a quenda das vacas de leite e tamén se celebrou a X Poxa de Gando Frisón, así como os sorteos dunha xata, que recaeu en Luís Vila, da parroquia lalinense de Bermés. A xovenca preñada que tamén se rifou entre os asistentes acabou nas mans de Xosé Manuel Fernández, do lugar de Castro de Cabras, Lalín. Por otra parte, o vencedor do XIX Concurso de Novos Manexadores foi o lalinense Avelino Souto. O segundo posto foi para Abel Carballo.

Unha vaca dunha gandería de Cruces convértese na Gran Campiona de...
Comentarios