lunes. 26.08.2019 |
El tiempo
lunes. 26.08.2019
El tiempo

"Vai haber cambio de goberno en Forcarei"

Roberto Jorge. PATRI FIGUEIRAS
Roberto Jorge. PATRI FIGUEIRAS

Roberto Jorge Correa é candidato do BNG de Forcarei

O BNG logrou en 2015 un edil e Foro Forcarei, outro. Constituiron Grupo Mixto e agora concorren na mesma candidatura. A que obedece esta decisión, sendo, inicialmente de ideoloxías distintas?
Levamos catro anos trabalando en conxunto obrigados pola ley electoral e a verdade é que houbo un entendemento absoluto na maneira de ver os problemas que ten o concello e as solucións. Foi unha unión facilísima e estamos convencidos de que así seguirá.

Que liña programática ofrecen?
A liña argumentaria vai ser fixar poboación no concello. Para iso necesitamos traballo, vivenda e servizos. Belén Cachafeiro gastou cero euros en crear emprego. Tódalas medidas que levemos a cabo estarán relacionadas coa xeración de emprego. Hai vivendas da Sareb que se poderían aproveitar e temos que promover a rehabilitación no rural a través dunha axencia munipal que poña en contacto a propietarios e arrendadores. En canto a servizos, estes catro anos foron nefastos, coa perda do SAF e dun médico en Soutelo. Tamén poñeremos en marcha o Plan Madruga, dotaremos de herba artificial e vestiarios ó campo de fútbol e apostaremos pola Banda de Gaitas, para que teña instalacións dignas. Promocionaremos o turismo de outorno gastronómico e de natureza e o Camiño Miñoto e loitaremos por vías de comunicación como unha autovía que una Pontevedra con Lalín e que pase polo noso concello.

A súa relación co Goberno non é boa. Si o é co PSOE. Ve posible unha coalición ou é difícil romper a hexemonía do PP?
Nas anteriores foron 55 votos os que nos separaron do cambio de goberno. Estamos convencidos de que agora o vai haber. Moita xente, incluso do PP, está desencatada coa alcaldesa.

"Vai haber cambio de goberno en Forcarei"
Comentarios