miércoles. 21.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 21.04.2021
El tiempo

Valga apoia proxectos de ONGD en Nicaragua, a India, El Salvador e Guatemala

Casa do Concello de Valga. FACEBOOK
Casa do Concello de Valga. FACEBOOK
Destinou preto de 100.000 euros a estas iniciativas de ONGD galegas

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Begoña Piñeiro, participou de xeito telemático na Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que este mércores aprobou unha aportación de 99.813 euros para catro proxectos de ONGD galegas na India, Nicaragua, El Salvador e Guatemala.

O Concello de Valga forma parte dende hai anos desta agrupación de concellos e deputacións. No encontro virtual, que se celebrou coincidindo co Día Mundial da Saúde, tamén se fixo balance dun 2020 marcado pola pandemia e aprobouse por unanimidade o Plan de Actividades para este ano.

Valga apoia proxectos de ONGD en Nicaragua, a India, El Salvador e...
Comentarios
ç