Valga, capital da caza de cans sobre coello

Os terreos de Tecor de San Huberto, entre o concello valgués e Pontecesures, acolleron o derradeiro fin de semana o Campionato Galego desta disciplina, no que se impuxo o lote de cans de Alfonso Rey
Entrega de premios do Campionato Galego de cans de rastro. DP
photo_camera Entrega de premios do Campionato Galego de cans de rastro. DP

Os terreos do Tecor de San Huberto, que abarcan os concellos de Valga e Pontecesures, acolleron esta fin de semana o Campionato Galego de cans de rastro sobre coello, organizado pola Federación Galega de Caza coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Huberto.

A alta densidade de coellos e a axeitada climatoloxía da xornada fixeron que se viviran moitos lances e dificultaron o labor dos xuíces á hora de cualificar e puntuar o traballo dos cans participantes

Alfonso Rey Baule, co lote de cans integrado por Xouva, Trus, Trasno e Clay, proclamouse campión da proba, mentras que Jaime López Castro foi subcampión con Pipa, Pulga, Mía e Xesta. No terceiro posto repetiu Alfonso Rey Baule, con outro dos lotes cos que participou e do que formaban parte Rara, Xesta, Rato e Fousa. O can Trus foi proclamado o mellor.

O acto de clausura contou coa participación do concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, ao que acompañaron o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, o presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra, Francisco Couselo, o secretario desta entidade e directivos da Sociedade de Cazadores San Huberto de Valga.

Comentarios