Valga, golpeada pola lacra no 2019, implica aos estudantes na campaña do 25-N

Entierro de las tres víctimas de Valga. DAVID FREIRE
photo_camera Entierro de las tres víctimas de Valga. DAVID FREIRE

O Concello de Valga tamén contará co estudantado para promover os actos do 25-N. Este municipio foi golpeado con brutalidade pola lacra machista no 2019, co asasinato de María José Aboy a mans do seu marido en marzo, e o triple crime que cercenou a vida a Sandra Boquete, á súa nai e á súa irmá en setembro do mesmo ano, a mans do exmarido de Sandra. O Concello difundirá mañá un vídeo cooperativo, feito polos estudantes que inclúe mensaxes de concienciación coma Non cales ante calquera forma de violencia machista, Non deixes de ver as desigualdades ou Polo camiñar cara a tolerancia o respecto e a diversidade, entre outros.

O obxectivo é visualizar a unidade e o compromiso da comunidade educativa co rexeitamento da violencia por razóns de xénero. O Goberno municipal agradece a colaboración dos centros educativos para que esta acción de sensibilización fora posible e así "construír un mundo máis xusto e igualitario". "Os nenos e mozos representan a esperanza de que nun futuro non teñamos que facer campañas coma esta porque xa non suframos esta lacra que tan duramente golpeou a Valga", dixo o alcalde.

A iniciativa contou coa colaboración financieira da Deputación e serviu para repartir tamén material promocional. As programación complétase o venres no Auditorio co stand do programa "Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual".

Comentarios