Valga suspende o Encontro cos nosos Maiores e a Batalla de Casaldeirigo

Estaba previsto que os dous eventos se celebrasen en maio

Recreación de la batalla de Casaldeirigo en 2017. ARCHIVO
photo_camera Recreación de la batalla de Casaldeirigo en 2017. ARCHIVO

A situación de emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus levou ao Concello de Valga a suspender dúas celebracións previstas para as próximas semanas: o Encontro cos Nosos Maiores, que ten lugar tradicionalmente en maio e que este ano chegaría á súa vixésimocuarta edición, e a recreación da Batalla de Casaldeirigo, prevista para o último sábado de próximo mes.

O goberno local informou a través dun comunicado da cancelación, á vista de que segue en vigor o estado de alarma e de que, "aínda que se levante o confinamento, non sería nin aconsellable nin responsable celebrar este tipo de eventos con aglomeración de persoas".

Así as cousas, decidirase se se fixan novas datas para esas celebracións ou se quedan anuladas definitivamente en función da evolución da pandemia.

Comentarios