Un veciño da Estrada, afectado polo fume dun incendio que calcinou unha habitación

Foi trasladado ao centro de saúde do municipio

Un veciño da Estrada foi trasladado ao centro de saúde do municipio ao verse afectado polo fume dun incendio que calcinou unha habitación con diverso material procedente dunha mudanza. O suceso produciuse ás 22.30 horas da noite do venres na avenida Benito Vigo, segundo informou o 112 Galicia. 

Para sufocar as lapas, o persoal de emerxencia pediu a colaboración dos membros do GES da localidade, así como dos Bombeiros do Deza. Tamén contaron co apoio da Policía Local. 

Comentarios