Xosé Luna: "Se falamos en termos matemáticos, a poesía é o valor absoluto da palabra"

O autor estradense repite como gañador do premio de poesía Avelina Valladares
Xosé Luna. PATRICIA FIGUEIRAS
photo_camera Xosé Luna. PATRICIA FIGUEIRAS

Mestre de vocación, Xosé Luna é unha desas persoas que non perdeu a oportunidade de explorar outra das súas paixóns, como é o caso da literatura. Publicou uns 20 libros, entre os que podemos atopar ensaios, teatro, novela ou poesía. Gañou numerosos premios literarios, entre os que destaca o Avelina Valladares de poesía en dúas ocasións. Foi director da Editorial Fervenza e xestionou outras institucións e colectivos da súa terra: A Estrada. Din que é un activista cultural o que non está reñido coa súa afición ao fútbol.

Logrou ser profeta na súa terra.
Si, é un orgullo gañar dúas veces o premio Avelina Valladares, ser director do Museo do Moble e a Madeira ou recibir a medalla de ouro do colectivo Fillos e Amigos da Estrada. Todas as obras que fago teñen como denominador común a paisaxe da Estrada. Nacín nun lugar que é unha fábrica de románico, tanto a nivel galego como de España. Miña primeira obra foi A Estrada románica.

De volta ao presente. Fálenos do seu último libro de poemas.
Hai uns anos deixei eses cargos, que non eran remunerados porque vivo de ser mestre. Na vida cómpre deterse e reflexionar sobre o camiño andado e por andar. Esa cavilación é o resultado de O tempo entre as mans, un poemario que colle a esencia de moitas vidas vividas, un regreso ao fogar, un cheiro que te dá lembranzas da túa infancia. (Cita un páragrafo da obra) É regresar ao fogar acudillado no corazón da vida e reencontrarse cos sentimentos dese pasado familiar e agarimoso que pervive por sempre en nos.

Que é para Xosé Luna a poesía?
Estou casado cunha profesora de matemáticas. Dígolle a meus alumnos que a poesía, en termos matemáticos, é o valor absoluto da palabra. Permíteche ver as cousas doutra maneira. Un sae á rúa e ve unha pedra, logo outra, despois outra. Pensa que está rodeado de pedras e resulta que é a muralla de Lugo. Temos o arte diante e non o vemos. Non fai falta ir ao Museo do Prado.

Un escritor, nace ou faise?
Escribir é como todos os oficios. Primeiro tes que ter unha preparación técnica, dominar a ortografía, a lingua. Logo ler moito. E despois ter autenticidade, que é o que lle vai a dar o selo. Moitos escriben ben, pero non miran o seu interior.

"Escribir é como todo os oficios, necesitas unha preparación técnica e logo ter autenticidade, que é o que lle vai a dar o selo"

Vostede foi editor moitos anos. Como levou esa etapa?
Todo foi moi doado. Fervenza é unha editorial que quere abrirse a novos valores, pero tamén edita a xente consagrada. No eido teatral ten traballos do mellor de Europa. Foi un aprendizaxe moi grande.

Agora moitos autores prescinden das editoriais.
Cas redes e todo o panorama que temos é máis doado para unha persoa que empeza. Pero un libro é unha obra coral, como unha película. O autor é o guionista, o máis importante, pero necesita maquetación, tipografía, impresión, distribución e a veces ilustración, además de presentación e promoción. E logo están as librerías. En solitario non se pode obter o mesmo resultado.

Escribir é como todo os oficios, necesitas unha preparación técnico e logo ter autenticidade, que é o que lle vai a dar o selo


Non cre que o dixital gañou a guerra?
Aínda que sigamos utilizando as tecnoloxías modernas, non podemos deixar de ler un libro ou pasar as follas dun períodico nun bar. Son cousas que parecía que morrerían e volven a estar presentes. A xente en Estados Unidos leva en físico o The New York Times. Hai pouco leín unha entervista a un dos donos de Amazon o Google, non lembro ben, e mandan a os seus fillos a escolas onde utilízanse papel e bolígrafo. Eso non se pode perder.

Como está vivendo a situación que atravesa o mundo?
Pois vou a utilizar uns versos de Neruda que invitan á esperanza: Poderán cortar todas as flores, máis nunca poderán deter a primavera.

Un consello como mestre.
Debemos facer cidadáns preparados e tamén críticos. E recuperar algúns valores perdidos. Como di o lema do meu centro, o Colexio do Foxo, O mellor faro para impedir que os pobos tropecen é unha escola.

Comentarios