Autorizada a venda do colexio Sagrado Corazón do Deza a Sciencia Scholl por 2,7 millóns

O centro estaba en concurso de acredores 
Exterior del colegio Sagrado Corazón do Deza. DP
photo_camera Exterior del colegio Sagrado Corazón do Deza. DP

O xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra autorizou o alleamento da unidade produtiva do colexio Sagrado Corazón do Deza, en concurso de acredores, a favor de Scientia School, quen efectúa a compra por 2,7 millóns de euros.

A oferta da empresa, segundo consta no auto, comprende "a totalidade dos bens e dereitos necesarios para o desenvolvemento da actividade do colexio, en particular o inmoble e todos os elementos do inmobilizado material e intanxible onde se desenvolve a actividade do colexio (aplicacións informáticas, instalacións técnicas, maquinaria, mobiliario e posibles equipos de proceso de información), xunto co concerto educativo coa Xunta de Galicia e os traballadores".

O maxistrado indica no auto que se subrogan a totalidade dos contratos de traballo vixentes dos empregados da concursada, que actualmente suman 55, así como todos os contratos de subministracións, arrendamentos, fianzas, licenzas e autorizacións administrativas e, en xeral, "a totalidade dos dereitos e obrigas derivados de contratos afectos á continuidade da actividade profesional ou empresarial". 

Comentarios