sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

A Xunta anuncia o comezo da ampliación do polígono de Toedo

Reunión de Ángeles Vázquez coa asociación empresarial do polígono, este martes. PATRICIA FIGUEIRAS
Reunión de Ángeles Vázquez coa asociación empresarial do polígono, este martes. PATRICIA FIGUEIRAS
A área industrial estradense medrará en máis de 160.000 metros cadrados e reaxustarase o ámbito da Cidade do Moble
A Xunta de Galicia aprobará inicialmente no último trimestre do ano a ampliación do polígono industrial de Toedo, na Estrada, co que esta área medrará en máis de 160.000 metros cadrados.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, fixo este avance nunha reunión coa asociación de empresarios do polígono industrial, na que tamén participou o alcalde da Estrada, José López Campos, e o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García porto; onde recordou que esta actuación está incluída na segunda modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresarias de Galicia, que na actualidade está en fase de avaliación ambiental e que a Xunta prevé aprobar inicialmente antes de que remate o ano e de xeito definitivo no 2022.

Vázquez recordou que, ademais desta actuación, tamén se incorpora o reaxuste do ámbito da Cidade do Moble, que abarcará unha superficie de 160.399 metros cadrados, debido á afección que se prevé pola construción da futura circunvalación da Estrada.

A conselleira sinalou que o Plan sectorial de áreas empresariais de Galicia é unha folla de ruta aprobada polo Goberno galego no ano 2014 e que se actualiza e revisa porque é "un documento estratéxico, que debe adaptarse ás necesidades reais que demandan os empresarios, para facilitar apoio e colaboración na tarefa de xerar emprego e riqueza na zona na que se asentan".

Nese sentido, o alcalde agradeceu o apoio do departamento que dirixe Ángeles Vázquez por introducir no Plan a nova área empresarial do concello, a ampliación do polígono de Toedo, co que "se ofrece unha solución á falta de solo empresarial na Estrada, dado que o planificado no plan xeral non sería factible por razóns económicas e estruturais".

A conselleira lembrou que, a nivel autonómico, a modificación en tramitación prevé a creación de seis novos parques e a variación da superficie actual doutros 12.

A Xunta anuncia o comezo da ampliación do polígono de Toedo
Comentarios
ç