domingo. 25.07.2021 |
El tiempo
domingo. 25.07.2021
El tiempo

A Xunta crea un itinerario peonil nas Torres do Oeste de Catoira

Un momento da visita de Luis López e Alberto García pola zona das Torres do Oeste. DP
Un momento da visita de Luis López e Alberto García pola zona das Torres do Oeste. DP
O delegado territorial e o alcalde visitan esta actuación, que tamén facilita a accesibilidade dos equipos de emerxencias

A Xunta, a través da Axencia Turismo de Galicia, vén de crear un novo itinerario peonil accesible e axeitado para equipos de emerxencias e de mellorar a sinalización das Torres do Oeste, o monumento máis emblemático do Concello de Catoira e que conta coa catalogación de Ben de Interese Cultural (BIC). O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, supervisou xunto ao alcalde, Alberto García, esta actuación que está orientada a garantir a seguridade e a reforzar a identificación e favorecer o acceso a este monumento.

Este investimento realizouse grazas a un convenio entre Turismo de Galicia e o Concello de Catoira a través do cal a administración autonómica reportou máis de 22.000 euros para a execución destas obras, que contaron cun investimento global de 34.000 euros. "O Goberno galego sempre está disposto a colaborar coas necesidades turísticas dos concellos, especialmente cando se trata de Bens de Interese Cultural e son monumentos tan coñecidos e visitados como as Torres do Oeste, que ademais acollen a milleiros de visitantes de todo o mundo a comezos de agosto coa celebración da Romaría Viquinga, unha das festas máis importantes de Galicia e que conta con categoría internacional", explicou Luis López.

Ademais, o representante da administracción autonómica engadiu que estas actuacións "son de gran importancia para que toda a comunidade loza nas mellores condicións porque estamos ás portas de ir recuperando a normalidade e nos atopamos inmersos nun dobre Ano Santo, no que agardamos que moitos visitantes veñan a Galicia".

O proxecto consistiu na creación dun percorrido entre as infraestruturas viarias e as Torres do Oeste que permite a chegada e saída a este monumento do persoal de atención de emerxencias cos seus correspondentes equipos para a resolución de calquera incidencia que se poida producir na súa contorna, así como no reforzo da sinalización co obxectivo de que os turistas poidan coñecer o acceso a este BIC de xeito seguro e áxil.

A Xunta crea un itinerario peonil nas Torres do Oeste de Catoira
Comentarios
ç