A Xunta elimina un vertido de augas residuais nunha industria de Caldas de Reis

O vertido procedía dunha instalación industrial 
Imagen de archivo de vertidos de aguas fecales al río Gafos. ARCHIVO
photo_camera Imagen de archivo de vertidos de aguas fecales al río Gafos. ARCHIVO

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un vertido de augas residuais procedente dunha instalación industrial asentada no concello de Caldas de Reis.

Este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia.

Os técnicos da Xunta identificaron a existencia dunha canle de derivación anexa ao sistema de depuración das augas residuais industriais, a través da cal se podían producir achegas ao dominio público en condicións inadecuadas.

Os técnicos requiríronlle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas. Os responsables da empresa procederon á a eliminación do bypass das augas residuais industriais, asegurándose a ausencia de vertidos irregulares a través deste punto.

Comentarios