sábado. 04.12.2021 |
El tiempo
sábado. 04.12.2021
El tiempo

O proxecto Ágora: unha rede de acción polo espazo público

Todos os concellos da provincia de Pontevedra que asi o desexen poden formar parte de Ágora. ÁGORA
Todos os concellos da provincia de Pontevedra que asi o desexen poden formar parte de Ágora. ÁGORA
Un dos seus fundamentos é que o espazo público forma parte substancial da vida das persoas como escenario natural da vida colectiva

Ágora é unha rede de acción institucional a prol de considerar e valorizar o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía. Un dos seus fundamentos é que o espazo público forma parte substancial da vida das persoas como escenario natural da vida colectiva.

Os concellos que formen parte desta rede comprométense a realizar políticas de recuperación dos seus espazos públicos e a fomentar as mobilidades alternativas nos seus termos municipais.

Ágora está promovido e coordinado pola Deputación de Pontevedra a través da súa área de Mobilidade Alternativa e Espazos Públicos Urbanos.

Quen forma parte de Ágora?

Todos os concellos da provincia de Pontevedra que asi o desexen, constituidos nunha rede de traballo, intercambio de experiencias e información, e liñas de acción común cara á revalorización do espazo público como eixo fundamental da calidade de vida nos ámbitos urbanos.

Para formar parte de Ágora os concellos teñen que partillar os Principios Ágora e asumir os seus compromisos. A súa participación é gratuita.

A misión de Ágora

A Deputación de Pontevedra, a través da nova área de Mobilidade Alternativa e Espazos Públicos, desexa incentivar aos Concellos da provincia a adoptar decisións políticas a prol da recuperación do espazo público dos seus ámbitos urbanos para e a utilización das mobilidades naturais, alternativas ás de motor.

O obxectivo é que de aquí a xuño de 2023, os Concellos Ágora incrementen de forma substancial o espazo reservado para as persoas, itinerarios peonís e ciclabeis.

Enfróntanse tamén a grandes retos, como loitar contra a violencia viaria, a expulsión das persoas do espazo público ou o uso desmedido da mobilidade a motor co consecuente aumento da contaminación ambiental, así como o cumprimento da Axenda Urbana 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable aprobados pola ONU.

Facultade Ágora

A Rede Ágora vén de poñer en marcha unha escola de formación coa mirada posta na mellora do espazo público e as mobilidades alternativas como axente activo da calidade territorial, a sociabilidade e o benestar humano.

Está dirixida a profesionais e representantes públicos relacionados co espazo público, cunha equipa formativa de primeiro nivel e con acceso a titulación propia.

O proxecto Ágora: unha rede de acción polo espazo público
ç