Problemas familiares retrasan a visita do arquitecto Jan Gehl á cidade

Jan Gehl. CEDIDA
photo_camera Jan Gehl. CEDIDA

O arquitecto urbanista Jan Gehl impartirá a súa conferencia maxistral en Pontevedra o vindeiro 16 de decembro no Pazo da Cultura. A visita do autor das peonalizacións de Times Square e o centro de Moscú e Melbourne, prevista para esta semana, tivo que adiarse debido a problemas familiares de última hora, e finalmente enmarcarase ao abeiro da clausura da Facultade Ágora

Gehl comunicou apesadumbrado á Deputación a imposibilidade de trasladarse a Pontevedra estes días debido a unha operación cirúrxica da súa parella. Dado o firme compromiso adquirido coa organización, o seu interese en coñecer o traballo que está a facer o departamento de Mobilidade provincial e en visitar en persoa a cidade do Lérez, puxo sobre a mesa rapidamente a posibilidade de adiar a viaxe buscando un oco na súa apertada axenda o máis rapidamente posible. 

Deste xeito, Gehl estará en Pontevedra os vindeiros 15 e 16 de decembro e será a estrela da clausura da Facultade Ágora, cunha conferencia sobre As Cidades para as Persoas

No evento, no que se entregarán os títulos ás persoas que superen o exame de Persoal técnico Ágora, participarán diversos representantes institucionais.

Comentarios