Premio para inventores do futuro (e do presente)

O lucense Efrén López Ferreiro e compostelá Rosalía Gómez Lasheras son os gañadores da V Edición do Premio Galicia Innovación Júnior, convocado pola Consellería de Innovación e Industria.

Efrén López, estudante do IES Gregorio Fernández, de Sarria, resultou vencedor da categoría 16 a 18 anos cun sistema radiotransmisor de limitacións de velocidade vial deseñado para evitar distraccións e perdas de atención ó volante.

O autor do invento sinalou que o sistema tería un custo baixo no caso de comercializarse e que podería integrarse noutros dispositivos do automóbil como o ordenador de viaxe ou o cadro de mandos.

Na categoría d 12 a 15 anos resultou vencedor o traballo da alumna Rosalía Gómez do IES Rosalía de Castro. A súa aportación consiste nun sistema de cubertas para piscinas que protexe da choiva en canto detecta as primeiras pingas.

Ó concurso presentáronse 136 traballos.

Comentarios