Convenio para estender a sinatura electrónica

A Administración electrónica, avanza. A modiño, pero avanza. A Xunta asinou hoxe un convenio coa Fábrica Nacional de Moneda y Timbre-Real Casa de la Moneda que pretende permitir estender o uso da sinatura electrónica en Galicia.

O acordo establece que será a Xunta a entidade emisora dos certificados dixitais necesarios para a sinatura electrónica co   que se pretende gañara tempo e abaratar procedementos. O convenio recolle ademais a posibilidade de que se sumen as deputacións provinciais.

Isto debería facilitarlle ós cidadáns as relacións coa Administración autonómica, ó axilizar os trámites burocráticos e supón un considerable aforro para as institucións. Nunha primeira fase, a Xunta prevé emitir uns 80.000 certificados persoais.

A sinatura electrónica identificará ó cidadán igual que a manuscrita, cun sistema que debe ofrecer as mesmas garantías e carácter intransferible que o orixinal.

Galicia súmase así as outras 13 comunidades autónomas que xa asinaran convenios similares. A día de hoxe, só o País Vasco, Cataluña e a Comunitat Valenciana non o subscribiron aínda.

Sinatura electrónica
A sinatura electrónica pretende salvar o obstáculo da autentificación persoal en internet e nas redes telemáticas, salvando o importante problema da seguridade, un lastre para a implantación da administración electrónica. Equivale, a todos os efectos, a firma manuscrita, xa que identifica sen ningunha dúbida a autoría da mensaxe.

Fisicamente, basease en técnicas criptográficas, creando unha secuencia de bits organizados segundo un algoritmo.  O sistema cifra as mensaxes utilizando dous contrasinais, un coñecido unicamente polo solicitante e outro, público, accesible a calquera, pero que non permite averiguar a privada.

A combinación das dúas claves confidenciais utilizadas por emisor e receptor, permite atribuir a identidade de modo irrefutable e asegura a integridade da mensaxe, sen que sufrise alteración durante a transmisión.

Comentarios