As empresas galegas de Software Libre buscan asociarse

Esta tarde ás 17:30 está convocada unha reunión encamiñada a constituír unha asociación de empresas de Software Libre galegas. A xuntanza celebrarase na Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Compostela. Segundo informa Mancomún, esta iniciativa busca "o nacemento dunha organización que defenda os intereses comúns das empresas do sector e sirva como xerador de oportunidades de negocio e sinerxias económicas."

Na xuntanza nomearase unha comisión encargada de formar a asociación e de marcar os primeiros pasos que se han levar a cabo. Ademais, informarase aos asistentes de experiencias similares noutras comunidades autónomas e falarase da cración dunha organización de ámbito nacional que represente a empresas de Software Libre de todo o Estado. Para falar destas cuestións, asistirá á xuntanza Daniel Armendáriz, presidente da ESLE, a asociación de empresas vascas de Software Libre.

Comentarios