lunes. 21.10.2019 |
El tiempo
lunes. 21.10.2019
El tiempo

A Policía Local deseña un operativo especial para as festas de Combarro

Pasada edición do Armadiña Rock. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Pasada edición do Armadiña Rock. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Producirase un incremento do servizo de noite por parte dos axentes

A Policía Local de Poio deseña un plan para manter a seguridade entre os días 21 e o 25 de agosto, co gallo da programación das Festas do Mar e o Festival Armadiña Rock.

Nas quendas de mañá e tarde realizase un operativo especial de tráfico para garantir os accesos a Combarro, a todas aquelas persoas que se acheguen ata a Mostra Gastronómica e as exposicións no Peirado da Canteira. Recoméndase o estacionamento na zona de a Seca- Reiboa, estacionamento do cemiterio, estacionamento do tanotorio, estacionamento do Ies Fontenla e na zona do CEIP Chancelas, que se atoparán sinalizadas, así como tamén se atopará aberto o Porto da Canteira ata o límite de prazas.

Os autobuses que pretendan acceder ao Centro Histórico de Combarro, poderán descargar e cargar os pasaxeiros no acceso ao Porto e proximidades, tendo que abandonar a zona de Combarro para unha mellor fluidez do tráfico.

Nas quedas de noite o plan de seguridade cidadá ten como obxetivo garantir a seguridade e a convivencia cidadá así como garantir o desenrolo das actividades programadas, e especialmente nos concertos do Festival Armadiña Rock Estrella Galicia. O operativo policial increméntase en catro patrullas que estarán dispoñibles na zona.
 

A Policía Local deseña un operativo especial para as festas de...
Comentarios