Viernes. 26.04.2019 |
El tiempo
Viernes. 26.04.2019
El tiempo

Aarón Franco será o alcaldable por Marea Marín cunha candidatura "plural"

Marea Marín presentou os primeiros oito membros da candidatura. DP.
Marea Marín presentou os primeiros oito membros da candidatura. DP.

O grupo local perfílase como a alternativa "cuantitativa e cualitativa" ao PP e a María Ramallo

Aarón Franco será o candidato de Marea Marín de cara ás eleccións municipais que se celebrarán o vindeiro 26 de maio. Logo de que comezase o proceso de primarias durante o mes de xaneiro, o partido local vén de proclamar oficialmente os oito primeiros membros da lista electoral, no que non se atopan os actuais concelleiros do grupo, Sandra Pesqueira e Xosé Manuel Dopazo.

A nova candidatura pretende ser "a alternativa cuantitativa e cualitativa ao Partido Popular e a Ramallo" cun programa "para que Marín recupere latexo cultural, demográfico e comercial", xa que a vila "vive un profundo proceso de parálise", explica Marea Marín.

O grupo local apostará polo reordenamento urbano da vila "para acadar mellores e definitivas solucións a problemas esenciais e que vivimos no día a día como a cuestión do aparcadoiro, do tan prometido auditorio, a creación de espazos para a xuventude ou a promoción de vivenda pública protexida que axude a frear en seco a fenda demográfica de Marín".

Entre as metas dos independentes tamén se atopan a creación "dun comercio local dinámico, atractivo e xerador de emprego, e para iso cómpre poñer en funcionamento un Plan especial para frear o peche do comercio local que ademais diso revirta a situación para potenciar tanto o comercio como as nosas prazas de abastos", expoñen os membros do partido.

EMERXENCIA. Aarón Franco manifestou que "esta candidatura escríbese en plural de equipo, de cooperación e por ser algo aberto á cidadanía. Temos un único obxectivo, que é Marín. Poñémolo por diante de todo e todos porque cremos que estamos diante dun momento de emerxencia para a nosa vila".

"Temos unha responsabilidade coas vindeiras xeracións para deixarlles un Marín mellor e temos o proxecto axeitado, que intentaremos levar adiante en cooperación cos veciños", engadiu. "Seremos un Goberno que obedeza ao pobo (...) tal e como demostramos nestes catro anos levando ao Pleno iniciativas que nos transmitiu", sentenciou.

Aarón Franco será o alcaldable por Marea Marín cunha candidatura...
Comentarios