Denuncian un veciño de Poio que abandonou un can ás portas da canceira

O animal carecía ademais de chip identificativo obrigatorio
O can abandonado ás portas da Canceira de Poio. DP
photo_camera O can abandonado ás portas da Canceira de Poio. DP

A Policía Local de Poio denunciou un veciño de da localidade que abandonou un can ás portas do refuxio de animais da localidade.

O animal, que ademais carecía de chip identificativo obrigatorio, apareceu atado a unha árbore preto da Canceira de Poio.

Segundo lembra a Policía Local, o veciño denunciado cometeu una infracción grave á lei de Benestar Animal de Galicia, que recolle sancións que oscilan entre 501 a 5.000 euros.