domingo. 01.08.2021 |
El tiempo
domingo. 01.08.2021
El tiempo

Un abanico de actividades culturais para celebrar as festas do Ecce Homo de Cerdedo

Festas de Cercedo-Cotobade. DP
Festas de Cercedo-Cotobade. DP
O Concello inicia mañá unha ampla programación sociocultural para todas as idades que se celebrará seguindo estritas medidas hixiénico-sanitarias

O departamento de Cultura do Concello de Cerdedo-Cotobade incrementa o número de actividades socioculturais de finais do mes de xullo, coincidindo coa celebración tradicional das Festas do Divino Ecce Homo en Cerdedo.

Este é o segundo ano consecutivo no que as festas parroquiais de Cerdedo se ven afectadas polas medidas da covid-19. O ano pasado a localidade xa celebrara este evento de xeito especial, co protagonismo da Banda de Música de Cerdedo e dos gaiteiros "Os Abrentes", entre outros.

O programa, que comezará este mércores e finalizará o domingo, conta con diversas actividades que comprenden tódalas idades e que van dende cine, obradoiros, xogos e maxia, ata música de banda e animación de rúa cunha charanga.

Jorge Cubela, o alcalde do municipio de Cerdedo-Cotobade, fai un chamamento á responsabilidade cidadá e á participación da veciñanza nestes eventos seguros para actuar "con cabeza para acadar un óptimo desenvolvemento" das actividades xa acordadas a partir da obediencia das medidas sanitarias e os protocolos contra a Covid-19. "Queremos que a xente goce con sentidiño das festas e que non sexa incompatible un ambiente festivo coas medidas de seguridade e distanciamento que temosque manter en todo momento para que as nosas festas sexan un lugar de encontro e de participación veciñal seguro", sinalou o alcalde.

PROGRAMACIÓN. O primeiro día, mañá, 21 de xullo, a partir das 19.00 horas, proxectarase no Centro Cultural de Cerdedo o filme "Trolls 2". A entrada será gratuíta e seguindo un estrito protocolo para ocupar con distanciamento os asentos dispoñibles.

Tódalas actividades serán de balde polo que a entrada gratuíta posibilitará que moitas familias poidan desfrutar sen preocupación

O xoves 22 de xullo, ás 17.00 horas, terán lugar na praia fluvial de Cerdedo os obradoiros e xogos tradicionais centrados no goce e diversión dos máis cativos e que estarán a cargo de monitores especializados en dinamizar o lecer.

O venres 23 de xullo actuará O Mago Tin ás 18.30 horas na praia fluvial de Cerdedo e, unha vez máis, haberá que seguir o protocolo sanitario de seguridade e distanciamento para facer posible a súa actuación.

O sábado 24 de xullo, a Banda de Cerdedo ofrecerá un concerto, a partir das 20.30 horas na Praza do Concello. A agrupación musical ofrecerá un amplio e variado repertorio con pezas características do momento que permitirá pasar unha xornada moi agradable.

Por último, e para pór fin ao festexo, o domingo 25 de xullo intervirá a charanga Charandonga desde as 18.00 horas. Así,terá lugar un pasarrúas por todo Cerdedo no que se percorrerán as principais rúas e prazas da vila, transmitindo animación e bo humor, facendo máis agradable o verán, e concedendo un ambiente festivo a estas celebracións que volven ser atípicas un ano máis.

Un abanico de actividades culturais para celebrar as festas do Ecce...
Comentarios
ç