Aceptan limpar os grafitis que pintaron nuns baños públicos de Combarro

A Policia Local pillou os dous menores 'in fraganti' facendo as pintadas
As pintadas nos baños públicos. POLICÍA LOCAL DE POIO
photo_camera As pintadas nos baños públicos. POLICÍA LOCAL DE POIO

A Policía Local de Poio identificou a dous menores que pillou in fraganti facendo grafitis no interior dos baños públicos da Rúa Francisco Regalado de Combarro. Os axentes retiráronlle os spray que empregaban para facer as pintadas.

Desde a Policía Local, tras informar as familias, propuxeron que os menores limpasen voluntariamente as pintadas para resarcir os danos como "medida reeducativa". Os pais aceptaron a proposta.

Pintadas nos baños. POLICÍA LOCAL DE POIO