Activado o plan Inungal ante o risco de desbordamento dos ríos Umia e Verdugo

Esta situación pode derivar en pequenas inundacións nas contornas destes cursos fluviais,
Paso del río Verdugo por Ponte Caldelas. CEDIDA
photo_camera Paso del río Verdugo por Ponte Caldelas. CEDIDA

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activa o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de inundacións en Galicia (Plan Inungal), en fase de alerta, debido ao aumento do caudal dos ríos Umia e Verdugo, ambos os dous situados na provincia de Pontevedra.

Esta situación pode derivar en pequenas inundacións nas contornas destes cursos fluviais, tal e como indican os sistemas de control e seguimento dos que dispón Augas de Galicia en colaboración con Meteogalicia.

Unha das localidades afectadas é Ponte Caldelas. Andrés Díaz, alcalde do municipio, informou esta tarde de como a situación do río Verdugo obrigou a cortar a estrada da Calzada e o aparcamento detrás da Praza de Abastos.

Cómpre sinalar que o comportamento das concas do Umia e o Verdugo pode estar condicionado pola xestión dos encoros correspondentes. 

Comentarios