As actrices Marta Larralde e Eva Fernández e a produtora Teresa Fernandez, pregoeiras do San Xoán de Poio

O pregón terá lugar o día 22 ás 21.00 horas

Eva María Fernández, Marta Larralde e Teresa Fernández
photo_camera Eva María Fernández, Marta Larralde e Teresa Fernández

As actrices Marta Larralde  e Eva María Fernández, xunto á produtora executiva de Bambú Producciones, Teresa Fernández Valdés, serán as pregoeiras das festas de San Xoán de Poio, segundo anunciou o Concello este mércores.

Fernández Valdés, natural de Poio, foi responsable de series de televisión de grande éxito en España como Velvet, Gran Hotel e Fariña. Ademais, a produtora recolleu recentemente a Medalla de Honra da MipTV no Festival de Cannes, un galardón concedido a "figuras destacadas da industria televisiva", sinalou o Concello a través dun comunicado.

Pola súa banda, Eva María Fernández (Ourense, 1973) e Marta Larralde (Vigo, 1981), son dúas actrices galega de gran traxectoria, que, entre outros papeis, deron vida a Esther Lago e Nieves en Fariña. 

"A elección destas pregoeiras e excepción vén dada por dous motivos fundamentais, por representar a alma galega e matriarcal tanto diante como detrás das cámaras e por simbolizar o empoderamento da muller no audiovisual galego", indicou o goberno local.

A lectura do pregón terá lugar o día 22 ás 21.00 horas no balcón da casa consistorial. 

Comentarios